
Bio
Son Catedrático de Universidade na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e coodinador do Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI)‚ recoñecido como grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia dende 2006.
As miñas liñas de investigación céntranse en diferentes áreas da intelixencia artificial e as súas aplicacións‚ coma a xeración de linguaxe natural (sistemas “Data-To-Text”)‚ a computación flexible (“soft computing”)‚ a aprendizaxe automática e a representación do coñecemento e razoamento aproximados.
Son coautor de case 200 traballos científicos nos ditos temas e teño participado en máis de 40 proxectos de I+D e contratos de innovación e transferencia‚ sendo investigador principal en 18 deles. Tamén teño participado en proxectos de divulgación científica e son membro de diversas redes temáticas de investigación.
Fun Subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC (ETSE) e na actualidade son vocal da Xunta Directiva da Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA) e membro do comité organizador da “24th European Conference on Artificial Intelligence (ECAI)‚” que tivo lugar en Santiago de Compostela e online do 29 de agosto ao 8 de setembro de 2020.
Contacto
Publicacións
- Meta-heuristics for generation of linguistic descriptions of weather data: experimental comparison of two approaches Fuzzy Sets and Systems, 2022
- A Framework for the Automatic Description of Healthcare Processes in Natural Language Journal of Biomedical Informatics, 2022
- Estimating Remaining Time of Business Processes with structural attributes of the traces 2022
- Ver todas