José Ramón Ríos Viqueira

PROFESOR CONTRATADO DOUTOR

Bio

Son licenciado en Informática (1998) e doutor en Informática polo Departamento de Computación (Doutor Europeo 2003) pola Universidade da Coruña. Entre 1998 e 2000 fun investigador contratado no Informatics Laboratory da Agricultural University of Athens (AUA) a través do proxecto europeo CHOROCHRONOS. Durante este tempo fixen investigación en bases de datos espaciais e espazo-temporais baixo a supervisión do profesor Nikos A. Lorentzos. Entre 2000 e 2004 fun membro do equipo de investigación do Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña, dirixido pola profesora Nieves R. Brisaboa. Durante este período participei en varios proxectos de investigación e transferencia de tecnoloxía relacionados cos Sistemas de Información Xeográfica.


Dende 2004 son profesor do Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) onde ocupo unha praza de profesor contratado doutor. Na actualidade son membro do persoal investigador do CiTIUS e do Grupo de Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos (COGRADE). As miñas liñas de investigación céntranse na xestión eficiente de datos de natureza espacial e espazo-temporal.

Contacto

E-mail: jrr.viqueira [at] usc.es
Espazo: Despacho 209
Teléfono: +34 8818 16463
Identificadores de investigación:
Redes sociais: