
Bio
Son doutor en Ciencias Físicas dende o ano 2000 e colaborei en máis de 25 proxectos e contratos de investigación financiados en convocatorias públicas, participando como investigador principal en 10 deles. Estas actividades aplicáronse en ámbitos como a aprendizaxe adaptativa en e-learning, a clasificación e enriquecemento de documentos e metadatos, a automatización de guías médicas, e a xestión de procesos industriais. Como resultado desta investigación publiquei máis de 140 traballos científicos con proceso de revisión en conferencias e revistas nacionais e internacionais.
Os meus intereses de investigación céntranse nas tecnoloxías semánticas, cunha especial énfase no desenvolvemento de algoritmos para a anotación semántica baseada en grafos; no modelado e xestión de procesos dinámicos; na minería de procesos para o descubrimento, simplificación e detección de cambio en procesos; e na computación de servizos.
Contacto
Publicacións
- Estimation of customer activity patterns in open malls by means of combining localization and process mining techniques 21st International Workshop of Physical Agents, 2020
- Repairing Alignments of Process Models Business & Information Systems Engineering, 2020
- Process-To-Text: a framework for the quantitative description of processes in natural language Trustworthy AI - Integrating Learning, Optimization and Reasoning, 2020
- Ver todas