
Bio
Defendín a tese de Lingüística en 1998, na Université Blaise Pascal. Despois traballei varios aos como post-doc no Centro de Intelixencia Artificial da Universidade Nova de Lisboa. Desde 2004 traballo na Universidade de Santiago de Compostela (USC), primeiro como investigador Isidro Parga Pondal, despois como Ramón y Cajal e, actualmente, como profesor titular. Fun promotor e socio fundador de Cilenis, spin-off da USC sobre tecnoloxías da lingua.
O meu principal interese científico é o Procesamento da Lingua Natural e a Extracción de Información. Na actualidade, estou a desenvolver proxectos relativos á extracción de información bilingüe a partir de corpus comparables; á extracción de relacións semánticas; ás medidas de similaridade entre palabras/conceptos; e ao parsing de dependencias e etiquetación morfosintáctica.
Contacto
Publicacións
- CitiusNLP at SemEval-2020 Task 3: Comparing Two Approaches for Word Vector Contextualization Fourteenth Workshop on Semantic Evaluation, 2020
- The Impact of Linguistic Knowledge in Different Strategies to Learn Cross-Lingual Distributional Models European Association for Artificial Intelligence, 2020
- Distância diacrónica automática entre variantes diatópicas do português e do espanhol Linguamática, 2020
- Ver todas