
Bio
Recibín o título de doutora en Física pola Universidade de Santiago de Compostela no 2003. Posteriormente obtiven un contrato posdoutoral no Instituto Fraunhofer de Circuítos Integrados en Erlangen (Alemaña) durante dous anos. De 2004 a 2009 fun investigadora do Programa Parga Pondal e na actualidade son profesora titular na USC. Dende abril do 2020 son a directora adxunta do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).
O meu traballo de investigación inclúe o deseño de circuítos integrados de sinal mixto, particularmente sensores de imaxe e circuítos de recolección e xestión da enerxía no ámbito biomédico e de IoT. Son autora de máis de 80 publicacións internacionais e revisora habitual de revistas e congresos. Son membro do IEEE e, de 2006 a 2008, exercín o cargo de tesoureira da sección española do IEEE Women in Engineering (WIE).
Contacto
Publicacións
- Compact CMOS Class-AB Output Stage With Robust Behavior Against PVT Variations IEEE International Conference on Electronics Circuits and Systems, 2020
- On-Chip Solar Energy Harvester and PMU with Cold Start-Up and Regulated Output Voltage for Biomedical Applications IEEE Transactions on Circuits and Systems- I, 2020
- Design methodology of a 0.7 V, 64.5 pW @ 36°C, 1830 μm² Subthreshold Voltage Reference for Implantable Devices 2019 26th IEEE International Conference on Electronics, Circuits and Systems (ICECS), 2020
- Ver todas