
Bio
Son profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela. Obtiven o título de Licenciado en Física no ano 1996, e o grao de doutor no ano 2003. A miña investigación céntrase no control e navegación en robots móbiles, aprendizaxe e adaptación continúa en robots, e métodos científicos en robótica móbil: modelado e caracterización de comportamentos en robots (esta nvestigación leveina a cabo en colaboración con outros grupos no Reino Unido -UK-).
Fun membro do comité científico de numerosos congresos internacionais en robótica e tamén participei nun número importante de proxectos de investigación. Algúns dos proxectos que coordinei estaban orientados ao logro de robots de servizo capaces de adaptarse e aprender das persoas e como as persoas, ou o desenvolvemento de estratexias que permitan o despregamento de robots en diferentes ámbitos en curtos períodos de tempo.
Contacto
Publicacións
- Artificial intelligence within the interplay between natural and artificial computation: Advances in data science... Neurocomputing, 2020
- Walking recognition in mobile devices Sensors, 2020
- Learning from the Individuals and the Crowd in Robotics and Mobile Devices Robot 2019: Fourth Iberian Robotics Conference, 2019
- Ver todas