
Descrición
A cantidade de datos que se xeran actualmente por medio de dispositivos sensores é enorme, principalmente como consecuencia dos avances en tecnoloxías de sensado, comunicacións e xestión de datos. A este incremento na cantidade de información dispoñible contribúen, cada vez máis, as plataformas sensóricas baseadas en vehículos aéreos non tripulados (UAVs).
O obxectivo xeral deste proxecto é o desenvolvemento dun primeiro prototipo dunha infraestrutura para o almacenamento e a publicación de datos de sensores xerados por procesos de análise e observación da información terrestre. O sistema que se desenvolverá será eficiente e escalable, e estará aliñado cos estándares de servizos establecidos na directiva da Comisión Europea INSPIRE.
Obxectivos
En particular, a infraestrutura desenvolta permitirá:
- O almacenamento e acceso eficiente tantos aos datos como aos metadatos de coberturas xeospaciais (imaxe ráster) producidos polos dispositivos de sensado remoto, proporcionando unha adecuada escalabilidade horizontal.
- Estará aliñada cos estándares do Open Geospatial Consortium (OGC), os cales foron adaptados pola directiva INSPIRE da Comisión Europea, a cal regulamenta a creación de infraestruturas de datos espaciais en Europa. En particular, incluiranse servizos web estándar para o descubrimento, a descarga e a visualización de datos.
- Integrarase co o actual sistema de información dispoñible actualmente en Babcock.
Resultados
Durante o desenvolvemento do proxecto xeraranse os seguintes resultados:
- Unha análise en profundidade dos estándares de formatos e servizos, así como das solucións tecnolóxicas máis relevantes, que estean dispoñibles para o sensado e a publicación de datos.
- Un benchmark das tecnoloxías dispoñibles de almacenamento e publicación de datos raster, que incluirá tanto requisitos de almacenamento como de tempo de acceso e de rendemento das comunicacións.
- Un benchmark dos metadatos e sistemas de almacenamento de datos vectoriais, así como das tecnoloxías para a súa publicación, que incluirá tanto requirimentos de almacenamento, como de tempos de resposta e rendemento das comunicacións.
- Un prototipo dunha infraestrutura eficiente e escalable de almacenamento de datos baseada na combinación das solucións seleccionadas a partir dos benchmarks anteriores, que se integrará co sistema de información de Babcock MSC.
- Unha identificación dos retos de xestión de datos relacionados coa procura e exploración interactiva de datasets de moi gran tamaño de información xeoespacial vectorial e raster.
Investigadores
-
- Investigador principal
- José Ramón Ríos Viqueira
-
- Investigadores do CiTIUS
- José Ángel Taboada González
- José Manuel Cotos Yáñez
- Julián Flores González
- David Mera Pérez
Detalles


PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"
