AVECEN: Asistente Virtual para o Envellecemento aCtivo de persoas con Enfermidades mentais Neurodexenerativas

Asistente Virtual para o Envellecemento aCtivo de persoas con Enfermidades mentais Neurodexenerativas

Descrición

O proxecto AVECEN propón o desenvolvemento dunha plataforma distribuída que permita tanto a autoxestión das enfermidades mentais neurodexenerativas por parte dos pacientes como a toma de decisións por parte dos profesionais médicos e coidadores sobre as posibles accións para mellorar o estado de saúde e a calidade de vida dos pacientes.

Obxectivos

Este obxectivo xeral alcanzarase a través da consecución dos seguintes obxectivos específicos:

  • Deseñar un asistente virtual para a vixilancia e autoxestión do estado de saúde mental dos pacientes.
  • Mellorar a adherencia dos pacientes ás rutinas clínicas, ao tratamento prescrito e, en xeral, ás boas prácticas de xestión de enfermidades mentais dexenerativas, o que, á súa vez, comportará unha mellora na calidade de vida do paciente dende o punto de vista da súa mobilidade, independencia, capacidade de resposta e relacións sociais.
  • Facilitar a valoración do estado e do comportamento dos pacientes por parte dos profesionais médicos co fin de mellorar en todo momento a adaptación das rutinas clínicas e do tratamento ao devandito estado

Subproxecto con Imagames Gamification Services S.L.: Asistente Móbil Virtual

Nesta colaboración o equipo do CiTIUS participará no desenvolvemento dun asistente móbil virtual orientado á autoxestión de enfermidades mentais neurodexenerativas.

Concretamente, desenvolverase un algoritmo que se executará nos dispositivos móbiles para a extracción dos patróns frecuentes que segue cada usuario na súa actividade diaria.

Subproxecto con Plexus: Arquitectura de computación móbil

O equipo do CiTIUS desenvolverá unha consultaría tecnolóxica asociada ao desenvolvemento dunha arquitectura baseada na computación móbil, así como diversas tarefas relacionadas coa integración e validación dos módulos e algoritmos do proxecto.

Subproxecto con Arcade Consultores: Composición de patróns de comportamento frecuente

O equipo do CiTIUS desenvolverá un algoritmo de composición de patróns de comportamentos frecuentes, así como diversas tarefas relacionadas coa integración e validación dos módulos e algoritmos do proxecto

Investigadores

Subproxecto con Imagames Gamification Services S.L.: Asistente Móbil Virtual

Subproxecto con Plexus: Arquitectura de computación móbil

Subproxecto con Arcade Consultores: Composición de patróns de comportamento frecuente

Detalles

Data de execución:01/10/2018 - 30/09/2020
Consorcio
  • Plexus (líder)
  • Arcade Consultores
  • Imagames Gamification Services S.L.
  • CiTIUS
Financiado porConecta PEME, Xunta de Galicia, AVECEN
Conecta PEME  Xunta de Galicia Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

Programas científicos