DESEO: Desenvolvemento de Sistemas Avanzados de Monitorización e Mantemento no Sector Eólico

Desenvolvemento de Sistemas Avanzados de Monitorización e Mantemento no Sector Eólico

Descrición

Dentro do sector eólico unha das maiores preocupacións é asegurar a integridade estrutural das torres sustentadoras. Co fin de sacar o maior rendemento de produción eléctrica, os parques eólicos deben estar situados en zonas xeográficas con velocidades medias de vento o máis elevadas posibles. Aínda que os modelos de previsión meteorolóxicos mellorasen, o carácter aleatorio do vento segue expondo serios problemas sobre os compoñentes e partes da estrutura dos aeroxeradores. Se a maiores destas solicitacións, existen danos en pas ou disfuncións nos mecanismos de control do rotor, aparecen fenómenos de desequilibrio do rotor ou asimetrías aerodinámicas que amplifican estas oscilacións, o que incrementa á súa vez as solicitacións exercidas sobre as diferentes partes e compoñentes do aeroxerador. Estas oscilacións propáganse cara á góndola, a torre e a cimentación, o que finalmente pode acabar provocando danos e desgaste nestes elementos.

Os custos de reparación e mantemento debidos a problemas de desgaste ou avarías constitúen unha parte importante dos custos totais anuais de operación dun aeroxerador. Doutra banda, co paso do tempo e o envellecemento dos equipos, os índices de avarías e, por tanto, os períodos de non dispoñibilidade, dispáranse. Estímase que para un xerador eólico, os custos asociados a operacións de reparación e mantemento poden estar ao redor dun 20-25 % do custo total por kWh producido (estendido ao total da vida do aeroxerador).

Obxectivos

A meta xeral do proxecto DESEO é conseguir reducir os gastos asociados ao mantemento de parques eólicos. Para iso, expóñense os seguintes obxectivos:

  • Desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas de monitorización que permitan anticipar problemas que afecten á funcionalidade do aeroxerador.
  • Sistemas de reparación monitorizables de baixo custo e rápida aplicación que permitan reducir os tempos de parada e revisión.

Subproxecto con Integral Management Future Renewables S.L.: Detección de vibracións anómalas en aeroxeradores mediante visión artificial

A meta deste subproxecto consiste en desenvolver un sistema de baixo custo para a de detección de vibracións, que permita detectar de forma temperá funcionamentos anómalos en aeroxeradores mediante a adaptación de técnicas fotogramétricas de visión artificial.

Investigadores

Subproxecto con Integral Management Future Renewables S.L.: Detección de vibracións anómalas en aeroxeradores mediante visión artificial

Detalles

Data de execución:05/04/2013 - 31/12/2014
Consorcio
  • COTERENA (líder)
  • AIMEN
  • Energea Bioconsultores
  • Enmacosa S.A.
  • Iberdrola
  • Integral Management Future Renewables S.L.
  • Departamento de Teoría de la Señal y Comunicaciones, Universidade de Vigo
  • CiTIUS
Financiado porFEDER-INNTERCONECTA, Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), ITC_20133096
FEDER-INNTERCONECTA  FEDER-INNTERCONECTA  FEDER-INNTERCONECTA  Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Programas científicos