DESTACAR: Desenvolvemento de tecnoloxías de alto rendemento para a fabricación de compoñentes multimaterial

Desenvolvemento de tecnoloxías de alto rendemento para a fabricación de compoñentes multimaterial

Descrición

O proxecto céntrase no desenvolvemento de novas tecnoloxías de fabricación e inspección, para a construción de pezas para uso na industria aeronáutica, a partir de compoñentes multimaterial.

Obxectivos

O proxecto DESTACAR ten como obxectivo o desenvolvemento dunha serie de demostradores pre-industriais que permitan validar un conxunto de tecnoloxías a desenvolver durante a execución do proxecto, particularizadas ás necesidades dunha empresa de compoñentes aeronáuticos. Entre elas estarían:

  • O tradeado robotizado automático e a escala real.
  • A inspección termográfica para a detección de defectos de fabricación.
  • O tratamento superficial para a preparación superficial automatizada.

Subproxecto con Syspro Ingeniería S.L.U.: Inspección termográfica para detección temperá de defectos

Actualmente os controis de calidade realizados para a fabricación de pezas baseadas en compoñentes multimaterial, realízanse basicamente mediante radiografía e inspección por ultrasóns, na fase final de fabricación de cada peza. Trataríase de crear un prototipo baseado en termografía lock-in, a nivel de laboratorio, para a realización da inspección en fases previas ao curado das pezas fabricadas.

A tarefa a realizar polo CiTIUS neste subproxecto consiste no estudo, deseño e desenvolvemento dun paquete de software dedicado á detección de defectos en pezas deste tipo. Para iso, en colaboración cos socios do consorcio, procederase a analizar as bondades da termografía lock-in, axustando os diferentes parámetros desta tecnoloxía ao tipo de defectos producidos tipicamente durante os procesos de fabricación.

Obtidas as imaxes, procederase ao desenvolvemento dun sistema de diagnóstico asistido por computador que sirva de axuda ao operador situado en fábrica, á hora de detectar defectos nas pezas fabricadas. Para iso, o sistema inserirá marcas naquelas rexións sospeitosas de defecto presentes na imaxe.

Investigadores

Subproxecto con Syspro Ingeniería S.L.U.: Inspección termográfica para detección temperá de defectos

    • Investigador principal externo
    • Pablo García Tahoces

Detalles

Data de execución:05/04/2013 - 31/12/2014
Consorcio
  • COMPONENTES AERONÁUTICOS COASA, S.A. (líder)
  • AIMEN
  • Decuna
  • Syspro Ingeniería S.L.U.
  • Untigal
  • CiTIUS
Financiado porFEDER-INNTERCONECTA, Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), ITC-20133049
FEDER-INNTERCONECTA  FEDER-INNTERCONECTA  FEDER-INNTERCONECTA  Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Programas científicos