IDEATIO: Ferramentas e dispositivos para o exame médico e estratificación de pacientes coa Síndrome de Apnea-Hipoapnea do Soño

IDEATIO: Ferramentas e dispositivos para o exame médico e estratificación de pacientes coa Síndrome de Apnea-Hipoapnea do Soño

Descrición

O principal obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento de modelos, técnicas, dispositivos e ferramentas orientados ao control da calidade asistencial no seguimento de pacientes nos ámbitos intrahospitalario e extrahospitalario. O dominio médico elixido para os desenvolvementos propostos é a Síndrome de Apnea-Hipoapnea do Soño (SAHS).

En particular, o proxecto basearase nas normas europeas HISA (Healthcare Information System Architecture) do CEN para analizar e modelar as interaccións entre Guías de Práctica Clínica (GPC), Plans de Coidados (PC), Protocolos Individualizados (PI), actividades, axendas e a Historia Clínica Electrónica (HCE). Darase especial énfase á relación co fluxo de traballo do suxeito individual no uso de técnicas de web semántica e na proposta de modelos para a integración de sistemas nunha arquitectura sanitaria. Como resultado proporanse as ampliacións necesarias ao HISA para a súa eventual incorporación.

Obxectivos

  • Desenvolvemento de modelos, técnicas e ferramentas para a abstracción temporal a partir de parámetros fisiolóxicos, conducentes á identificación de eventos de interese fisiopatolóxico sobre o conxunto de sinais que constitúen a proba de polisomnografía nocturna.
  • Fusión de información e procura de relacións asociativas entre os elementos do devandito conxunto, no contexto de toda a información adquirida durante o seguimento do paciente.
  • Deseño dunha proba de polisomnografía domiciliaria que permita realizar unha estratificación de pacientes para priorizar a súa admisión nun servizo de neumoloxía hospitalario.
  • Proporcionar un dispositivo de monitorización domiciliaria do soño, co fin de aliviar a sobrecarga das unidades hospitalarias do soño.

Detalles

Data de execución:01/10/2006 - 30/09/2009
Consorcio
  • Grupo de Ingeniería del conocimiento e inteligencia artificial, Universidad de Murcia (líder)
  • Grupo de Ingeniería Biomédica, Universidad de Sevilla
  • Grupo de Diseño Electrónico y Técnicas de Tratamiento de Señales, Universidad Politécnica de Cartagena
  • Grupo de Dispositivos y Diseño microelectrónico, Universidad Politécnica de Cartagena
  • CiTIUS
Financiado porProyectos de Investigación Fundamental no Orientada, Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN), TIN2006-15460-C04-02
Proyectos de Investigación Fundamental no Orientada  Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN) Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Programas científicos