
Descrición
Nesta Rede perséguese principalmente promover a colaboración multidisciplinar real entre
grupos de investigación dos ámbitos da Neurociencia Visual e as Ciencias da
Computación a través da mobilidade de investigadores. Deste xeito perséguese que se creen sinerxías entre eles e se conforme unha masa crítica que permita promover novas
actuacións e definir novos proxectos de investigación no futuro. Procúrase fortalecer os
grupos de investigación españois nun área de investigación que será clave no futuro
para definir a evolución de moitas áreas asociadas coa tecnoloxía da Visión (por exemplo en Óptica, Visión por Computador, Procesado de Imaxe, etc).
Obxectivos
- Integración de grupos multidisciplinares
- Creación de sinerxías de longa duración
- Posicionamento internacional nunha área clave
- Transferencia de tecnoloxía
Investigadores
-
- Coordinador da rede
- Xavier Otazu Porter
-
- Coordinadores do CiTIUS
- Xosé Ramón Fernández Vidal
- Investigador principal externo
- Xavier Otazu Porter
Detalles
- Universitat Autónoma de Barcelona (líder)
- CiTIUS
