LiDAR-UAV: Procesado LiDAR eficiente para aplicacións de UAVs

LiDAR-UAV: Procesado LiDAR eficiente para aplicacións de UAVs

Descrición

O obxectivo deste contrato é o desenvolvemento de solucións software basadas no análise de datos LiDAR para resolver dous problemas específicos de interese para a empresa Babcock no marco da Civil UAVs Initiative (CUI).

Obxectivos

Os obxectivos do proxecto son os seguintes:

  • Desenvolver unha solución para a detección de vías públicas asfaltadas, caracterizando algunhas das súas propiedades máis relevantes: anchura, pendente, presenza de vexetación e de construcións próximas, etc.
  • Desenvolver unha solución para a detección automática de zonas de aterraxe de helicópteros en base a datos LiDAR.
  • Desenvolver solucións computacionalmente eficientes, baseadas na paralelización sobre sistemas manycore, para optimizar o tempo de execución dos problemas anteriores.

Detalles

Data de execución:21/11/2016 - 20/11/2017
Financiado porCivil UAVs Initiative: Fase A, Xunta de Galicia,
Xunta de Galicia Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"
Contratado por: Babcock International