TACLe: Timing Analysis on Code-Level

TACLe: Timing Analysis on Code-Level

Descrición

O uso de sistemas embebidos está cada vez máis presente nas nosas vidas. O funcionamento de moitos destes sistemas é crítico tanto para os negocios coma para a seguridade, xa que en moitas ocasións para o correcto funcionamento dos sistemas se esixe o cumprimento de requirimentos temporais estritos. A análise de código a nivel temporal (técnica utilizada para analizar a execución de software nun hardware específico con respecto aos seus requirimentos temporais) é unha técnica indispensable para validar que os requirimentos temporais se cumpran. Non obstante, os desenvolvementos recentes a nivel de hardware, en especial as aproximacións multi-core, e de organización do software incrementaron e crearon novos retos para este tipo de técnicas.

Para a construción de sistemas embebidos "combinables temporalmente" é necesario desenvolver novos principios que permitan que a análise temporal resulte tratable no futuro. Nesta acción incídese na mellora do networking e na divulgación de ideas entre a comunidade vinculada á análise temporal do código, así como con ámbitos relacionados con outras formas de análise tales como os asociados á validación de modelos, ou á inferencia de tipos, así como cos asociados á arquitectura de sistemas e compiladores.

O CiTIUS participa nesta acción no Workpackage 1, no que se analizará o uso de modelos temporais para multi-cores e a composibilidade temporal.

Obxectivos

O obxectivo da acción COST é reunir as comunidades de interese relacionadas coa análise a nivel temporal do código co obxectivo de desenvolver técnicas de análise viables industrialmente para o futuro das novas xeracións de sistemas embebidos.

Investigadores

Detalles

Data de execución:07/11/2012 - 06/11/2016
Consorcio
  • Mälardalen University (líder)
  • CiTIUS
Financiado porCOST-European Cooperation in Science and Technology, European Commission, IC1202
COST-European Cooperation in Science and Technology  European Commission

Programas científicos