NANOEATERS: Transferencia e valorización de nanotecnoloxías a PYMES innovadoras (early adopters) da Eurorrexión

NANOEATERS: Transferencia e valorización de nanotecnoloxías a PYMES innovadoras (early adopters) da Eurorrexión

Descrición

NANOeaters é unha rede de Centros de Investigación que nace co obxectivo de apoiar ás empresas da Eurorrexión na aplicación de solucións nanotecnolóxicas para a definición de novos produtos e/ou servizos que contribúan ó desenvolvemento da Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.
No proxecto NANoeaters desenvolveranse un total de 10 Casos de Uso ou Demostradores baseados en capacidades desenvolvidas polos Centros de Investigación. Ademais, desenvolveranse un total de 22 experimentos por parte de empresas da Eurorrexión baseados nos demostradores previamente realizados.
O CiTIUS participa no proxecto Nanoeaters no desenvolvemento dun chip implantable para a prevención e monitorización do glaucoma. O glaucoma é unha enfermidade de especial prevalencia entre a poboación galega, que afecta entre un 3 e un 4% da poboación. O CiTIUS colaborará co Instituto de Nanotecnoloxia de Braga no desenvolvemento deste demostrador.

Obxectivos

O obxectivo do CiTUS no proxecto Nanoeaters é o deseño dun dispositivo implantable de recolección de enerxía baseado en tecnoloxía CMOS estándar, que poida proporcionar a potencia precisa para alimentar un sistema para a medición da presión intraocular. A medida da presión intraocular resulta clave para a detección temperá do glaucoma.

Investigadores

Detalles

Data de execución:01/01/2017 - 31/12/2019
Consorcio
  • Axencia Galega de Innovación (GAIN), Xunta de Galicia (líder)
  • Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT)
  • Fundación Biomédica Galicia Sur- FBGSEI
  • Fundación para la promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico en la Industria de Automoción de Galicia – CTAG
  • International Iberian Nanotechnology Laboratory –INL
  • Universidade de Vigo
  • CiTIUS
Financiado porPrograma INTERREG V-A España - Portugal (POCTEP), , 0181_NANOEATERS_1_E
Programa INTERREG V-A España - Portugal (POCTEP)  Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

Programas científicos