TRAFAIR: Understanding Traffic Flows to Improve Air quality

TRAFAIR: Understanding Traffic Flows to Improve Air quality

Descrición

O obxectivo global da acción é o desenvolvemento dun servizo que combinando datos de calidade do aire, condicións climáticas e fluxos de tráfico, permita aos cidadáns e concellos a estimación da polución resultante de diferentes condicións de tráfico.

O servizo será despregado nas seguintes cidades: Zaragoza, Florencia, Modena, Livorno, Santiago de Compostela e Pisa. Os conxuntos de datos relacionados (incluíndo os seus metadatos) serán publicados en portais de datos abertos que serán públicos incluso despois do remate da acción. Sempre que sexa posible, utilizaranse directamente portais de datos locais que proporcionan datos ao European Data Portal a través dos seus puntos de contacto nacionais: o portal de open data Emilia Romagna da cidade de Modena, o portal de Open Data Tuscany de Florencia, Pisa e Livorno, e o portal de Open Data de Aragon para a cidade de Zaragoza.

Obxectivos

Os obxectivos específicos da acción son os seguintes:

  • Definir e estandarizar un conxunto de metadatos para representar mapas urbanos da calidade do aire.
  • Proporcionar aos cidadáns e administracións públicas un mapa en tempo real dos niveis estimados de polución das áreas urbanas baseado en datos da calidade do aire de sensores e en medidas das estacións de calidade do aire.
  • Desenvolver un servizo para predicir a calidade do aire baseado nos datos recollidos, a predicción metereolóxica e os fluxos de tráfico. Este servizo fará uso de tecnoloxías de Computación de Altas Prestacións para estimar a difusión dos contaminantes en áreas urbanas. Tamén se utilizará para simular novas hipóteses de circulación, tales como cambios nas flotas urbanas de vehículos, incrementos nos vehículos de baixas emisións, e para estudar os impactos xerados na calidade do aire.
  • Publicar conxuntos de datos abertos que describan os mapas de calidade do aire e de predición da calidade de 6 cidades nas cales o servizo estará dispoñible durante a duración da acción.

Resultados

Espéranse obter os seguintes resultados grazas ó desenvolvemento do proxecto:

  • Identificar as fontes e coleccións de datos referidos á polución, o tráfico, e a predición meteorolóxica. Xerar automática ou semi-automáticamente os conxuntos de datos para as fontes indicadas.
  • Desenvolver unha rede de sensores urbanos para a medición da calidade do aire e a monitorización do tráfico, así como o desenvolvemento dunha infraestrutura de adquisición de datos de sensores para o seu almacenamento e acceso.
  • A implementación e avaliación dun modelo de dispersión da polución do aire e o desenvolvemento dun mapa estimado de polución en tempo case real.
  • O desenvolvemento dunha versión paralela do modelo de dispersión de polución do aire "Lagrangian particle tracking".
  • Desenvolver un informe analizando as boas prácticas existentes, os estándares e os servizos para a publicación de datos da calidade do aire.
  • Desenvolver un conxunto de datos aberto xeoreferenciado con metadatos de calidade do aire.
  • Desenvolver aplicacións móbiles, ferramentas para administración públicas e ferramentas para a visualización de datos.

 

Detalles

Data de execución:01/11/2018 - 31/10/2020
Consorcio
  • Università Degli Studi di Módena e Reggio Emilia (líder)
  • CESGA
  • Comune di Modena (CMO)
  • Concello de Santiago de Compostela
  • LepidaSpA
  • Regione Toscana (TR)
  • Universidad de Zaragoza
  • Dipartimento di Ingegneria dell'Informazione , Università degli Studi di Firenze(UNIFI)
  • CiTIUS
Financiado porCEF-TC-2017-3 – Public Open Data, European Commission, 2017-EU-IA-0167, CEF Telecom, INEA, EC.
CEF-TC-2017-3 – Public Open Data  European Commission

Programas científicos