Unha experiencia da introducción da perspectiva de xénero en materias de Intelixencia Artificial

TítuloUnha experiencia da introducción da perspectiva de xénero en materias de Intelixencia Artificial
AutoresEva Cernadas García e Manuel Fernández Delgado
TipoComunicación para congreso
Fonte XUGeX 2021: VII Xornada Universitaria Galega en Xénero, A Coruña, España, 2021.
AbstractA intelixencia artificial ofrece moitas posibilidades, algunhas poden mellorar o benestar das persoas pero outras poden resultar lesivas para a cidadanía, en especial para as mulleres. Algúns exemplos son os sistemas de axuda á decisión na contratación, de xustiza penal, de recoñecemento facial e de voz, ou os traductores automáticos. Para concienciar ao persoal que desenvolva no futuro estos sistemas intelixentes, necesítase incorporar nas titulacións universitarias relacionadas coa intelixencia artificial contidos específicos de ética con perspectiva de xénero como competencia transversal. Neste traballo presentamos as experiencias en dúas materias de aprendizaxe automática, unha de grao e outra de máster, que se imparten por primeira vez no curso académico 2020-2021 na Universidade de Santiago de Compostela. A actividade permitiu ao alumnado reflexionar sobre as cuestións éticas e de xénero no exercicio do seu futuro profesional para o desenvolvemento de sistemas intelixentes.
Palabras chaveaprendizaxe automática, intelixencia artificial, xénero, desigualdade