Másters

Máster Interuniversitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data

Máster oficial en modalidade semipresencial con horario de tarde e 20 prazas por curso. A docencia é impartida conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Murcia. O seu programa formativo está aliñado cara unha proxección á industria e conta cunha materia de relatorios e casos de uso do sector empresarial.

Máster de investigación en Intelixencia Artificial

Máster oficial en modalidade non presencial, organizado pola Asociación Española para a Intelixencia Artificial (AEPIA) e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Oferta catro itinerarios: Aprendizaxe e Ciencia de Datos, Intelixencia na Web, Razoamento e Planificación e Xeralista.

Máster Computación de altas prestacións

Máster oficial que se pode cursar en modalidade presencial ou a distancia. Organízase conxuntamente co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Universidade da Coruña, sendo o obxectivo do mesmo a formación de profesionais en Computación de Altas Prestacións e Arquitectura de Computadores. O programa mantén unha estreita colaboración coa industria, tanto local como internacional.

Master en Xeoinformática

Máster oficial, en modalidade presencial, organizado conxuntamente pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. Nace da fusión entre a Enxeñaría Informática, as Ciencias da Terra e Enxeñarías afíns para formar profesionais orientados ao mercado da industria xeoespacial.

Programa de Doutoramento de Investigación en Tecnoloxías da Información

Programa da Escola de Doutoramento Internacional de Ciencias e Tecnoloxías, organizado conxuntamente polos departamentos de Electrónica e Computación da USC e de Electrónica e Sistemas da UDC.