Centro

O CiTIUS é unha contorna creativa e innovadora cuxo compromiso é a excelencia investigadora e a mellora continua. Neste senso, o centro promove a investigación interdisciplinar e as colaboracións con outras entidades a nivel internacional.

Os seus investigadores, especializados en diversas áreas no ámbito das Tecnoloxías da Información, colaboran en proxectos de I+D+i cun elevado valor científico, económico e social, e cuxos resultados contribúen a unha mellora da nosa calidade de vida.

Situado nunha contorna única como o Campus Vida (Campus de Excelencia Internacional da USC), o CiTIUS aposta polo futuro da investigación, apoiando a investigadores novos no desenvolvemento da súa carreira científica.

Misión

O CiTIUS ten como misión crear unha contorna de investigación en TI que impulse un novo modelo de crecemento económico e desenvolvemento social baseados nunha mellora sostible e equitativa da calidade de vida e comprometido co medio ambiente.

Visión

O CiTIUS quere ser un centro de investigación de calidade e excelencia recoñecidas a nivel internacional, comprometido coa creación e difusión do coñecemento científico e tecnolóxico a través da investigación e a formación de investigadores, e co desenvolvemento económico e social a través da transferencia de resultados da investigación, a innovación e o emprendemento.