Transferencia

A valorización, transferencia e difusión dos resultados das actividades de I+D+i son unha prioridade para o CiTIUS.

No noso centro hai espazo para a imaxinación e a posta en marcha de ideas rompedoras, que en ocasións parecen pouco susceptibles de ser aplicadas nun futuro inmediato. A finalidade da nosa investigación é que os resultados obtidos se traduzan nun impulso económico para as entidades empresariais que colaboran con nós. Para o CiTIUS, a investigación de excelencia tamén consiste en contribuír ó desenvolvemento social, mellorando a calidade de vida dos cidadáns e cun compromiso co medio.

É por iso que colaboramos dende fai anos con entidades públicas e privadas en proxectos e contratos de I+D+i, cun interese mutuo en obter avances científicos e tecnolóxicos que se converterán nunha vantaxe competitiva para estas entidades. Adicionalmente, tamén dispoñemos de resultados específicos protexidos mediante patente ou rexistro de propiedade intelectual que poden ser transferidos mediante acordos de colaboración ou contratos de explotación. Nalgúns casos, os nosos resultados contribuíron á creación de novas empresas de base tecnolóxica que situáronse en novos nichos de mercado cunha elevada compoñente de innovación.