Ser CiTIUS

O CiTIUS busca ofrecer ós seus investigadores un ambiente onde poder vivir a ciencia, impulsando a participación activa do seu persoal en liñas e proxectos de investigación que representen retos científicos e tecnolóxicos de máximo nivel.

Outra das nosas prioridades é ofrecer ós nosos investigadores en formación as competencias transversais que lles permitan desenvolver a súa carreira profesional nas mellores condicións. Con isto, dispoñemos dunha oferta formativa propia e impulsamos o liderado dos investigadores máis novos animándoos a que se involucren nos seus propios proxectos, co apoio do Centro.

Dentro do noso compromiso coa divulgación da ciencia e a innovación, levamos a cabo diversas iniciativas para amosar como se desenvolve a actividade científica no seu día a día, e por que son tan relevantes os avances científicos para a mellora do desenvolvemento económico e social.