Formación

Un dos maiores valores do centro son os seus investigadores; é un compromiso do CiTIUS contribuír ó desenvolvemento das súas capacidades científicas. O CiTIUS ofrece un programa formativo destinado a cubrir as necesidades dos seus investigadores nas diferentes etapas da súa carreira, tanto para apoiar a súa actividade investigadora como para incrementar os seus coñecementos en áreas complementarias, como a transferencia tecnolóxica e o emprendemento.

Ciclos formativos CiTIUS

Formación USC

Doutorados

O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Tecnoloxías da Información (organizado en colaboración coa UDC) céntrase nas nosas liñas de investigación.

Másteres

No curso 2015/2016 comezou a impartirse o Máster Interuniversitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data. A docencia é impartida conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Murcia.