As infraestruturas computacionais do CiTIUS empréganse para dar o soporte computacional necesario para o funcionamento do centro, así como para a investigación en computación de altas prestacións e o desenvolvemento de proxectos en colaboración co sector industrial. O edificio CiTIUS dispón dun moderno CPD, baseado en servidores en formato blade así como servidores en formato rackable.
Estes recursos computacionais permiten que o CiTIUS dispoña da capacidade para desenvolver proxectos e servizos nas seguintes liñas:
- Paralelización de aplicacións
- Optimización de aplicacións en arquitecturas multinúcleo
- Optimización de aplicacións por medio de computación en GPGPU
- Deseño e desenvolvemento de arquitecturas cloud
Servizos de Computación de Altas Prestacións
Clúster HPC
O CiTIUS conta cun clúster heteroxéneo de computación composto de 18 nodos, no que os investigadores do centro poden executar aplicacións computacionalmente custosas:
- 8 nodos HP Proliant BL685c G7, cada un con 4 procesadores AMD Opteron 6262 HE (16 núcleos) e 128 GB de RAM.
- 5 nodos Dell PowerEdge M910, cada un con 4 procesadores Intel Xeon L7555 (8 núcleos, 16 fíos) e 64 GB de RAM.
- 5 nodos Dell PowerEdge M620, cada un equipado con 2 procesadores Intel Xeon E5-2650L (8 núcleos, 16 fíos) e 64 GB de RAM.
- Os nodos computacionais están conectados entre si con redes 10 GbE.
Este clúster conta cun espacio de almacenamento superior a 6 TB, accesible en todos os nodos mediante un sistema de ficheiros compartido. A xestión dos traballos realízase a través do sistema de colas PBS/Torque.
O software instalado actualmente neste sistema inclúe o paquete de compiladores GNU/GCC, JAVA, Python, o paquete estatístico R, MATLAB, diferentes librerías de paso de mensaxes MPI, así como diversos simuladores de dispositivos electrónicos comerciais.
Servidores GPU
O CiTIUS dispón de varios servidores equipados con diferentes tarxetas gráficas dispoñibles para aqueles usuarios que precisen este tipo de infraestrutura para a execución dos seus programas ou para desenvolver aplicacións baixo o paradigma de computación GPGPU.
- Servidor Supermicro X8DTG-D (1 Intel® Xeon® CPU E5520 @ 2.27GHz, 12 GB RAM, Ubuntu 12.04)
- 2 Nvidia GF100 [Tesla S2050]
- 1 Matrox MGA G200W WPCM450
- Servidor Dell Precision R5400 (1 Intel® Xeon® CPU E5540 @ 2.83GHz, 8 GB RAM, Ubuntu 14.04)
- 2 Nvidia G98 [Quadro NVS 295]
- 1 Nvidia GF110 [Geforce GTX 580]
- Servidor Dell PowerEdge R720 (1 Intel® Xeon® CPU E5-2069 @ 2.5GHz, 16 GB RAM, Ubuntu 14.04) con chasis de expansion PCIexpress Netstor NA265A
- 1 Nvidia GeForce GTX Titan [Kepler GK110] 6GB
- 1 Nvidia GeForce GTX Titan X [Pascal] 12GB
Computación paralela
O CITIUS conta cun servidor equipado con unha tarxeta Xeon Phi 7120P de 61 núcleos.Servizos de cloud IaaS
O centro conta cun contorno virtual na nube a disposición dos usuarios. Configurado como unha infraestrutura como servizo (IaaS), permite aos usuarios do CiTIUS a creación das súas propias máquinas virtuais con sistemas operativos Linux e Windows. Os usuarios teñen un control absoluto sobre estas máquinas virtuais polo que son axeitadas para a instalación de servizos de apoio á investigación como servidores web ou servidores de aplicacións, así como para crear contornos de desenvolvemento e probas.
Por outro lado, dita infraestrutura permite a creación de grupos de traballo en torno a proxectos con recursos compartidos, facilitando así o traballo en equipo.
A nube compoñese de 5 nodos Dell PowerEdge M620, cada un equipado con 2 procesadores Intel Xeon E5-2650L (8 núcleos, 16 fíos) e 64 GB de RAM.
Servizos de xestión
A Unidade de Xestión de Infraestruturas apoia aos investigadores do centro no desenvolvemento dos servizos necesarios para proporcionar un contorno axeitado para o desenvolvemento das súas labores investigadoras:
- Distribución de escritorio Ubuntu personalizada e xestionada de forma centralizada.
- Perfís remotos con copias de seguridade automáticas.
- Servidores de arquivos compartidos.
- Xestores de proxectos con aloxamento utilizando software de control de versións.