Investigación

Traballar na fronteira do coñecemento é tamén a oportunidade para innovacións que nun futuro serán imprescindibles na nosa vida diaria. É por iso que a actividade do CITIUS céntrase na excelencia investigadora, sen esquecer o impacto dos seus resultados na nosa sociedade e na calidade de vida.

Actualmente, o CiTIUS estrutura a súa actividade en catro grandes áreas temáticas, que son as súas Unidades Científicas. Cun enfoque máis operativo creáronse os Programas Científicos, liñas de investigación que xorden das Unidades Científicas. Estes Programas fomentan a colaboración entre investigadores de distintas especialidades con intereses científicos comúns.