Unha bomba de carga é un tipo de conversor DC/DC formado por capacidades e interruptores ou diodos que converte unha tensión de entrada Vin nunha tensión de saída Vout >> Vin. As bombas de carga capacitivas utilízanse en diversas aplicacións, tales como na micro-recollida de enerxía, memorias non volátiles ou escalado dinámico de voltaxe.
O noso simulador de bombas de carga capacitivas obtén resultados moi rápidos e precisos no réxime de conmutación lento (slow-switching limit, SSL) en comparación con simuladores eléctricos baseados en SPICE. O noso simulador baséase en MATLAB® para resolver un proceso iterativo de cálculos con matrices a través dos ciclos de reloxo da bomba de carga capacitiva. Este simulador permite a análise e deseño das seguintes topoloxías: Dickson (LQP) Fibonacci (FQP) e exponencial (EQP), con e sen carga compartida.
Autores
- 
					
- Investigadores
 - Víctor Manuel Brea Sánchez
 - Paula López Martínez
 - Diego Cabello Ferrer
 - Esteban Ferro Santiago
 
 

  
