Equipo

O equipo humano do CiTIUS está formado por máis de 100 persoas procedentes de diferentes disciplinas científicas e con diversos niveles de formación. Así, no centro traballan conxuntamente Enxeñeiros Informáticos, Enxeñeiros de Telecomunicación, Licenciados en Física e Licenciados en Filoloxía Hispánica. Esta diversidade é para o CiTIUS unha vantaxe que lle permite crear grupos de traballo multidisciplinares, unindo a especialistas en diferentes áreas das Tecnoloxías da Información.

Na actualidade, 33 investigadores da Universidade de Santiago traballan no CiTIUS, xunto con máis de 60 investigadores en diferentes etapas da súa carreira científica. O persoal investigador do Centro está formado por bolseiros, investigadores predoutorais e postdoutorais, profesores titulares, catedráticos e persoal de apoio á xestión administrativa, de infraestruturas e da innovación.

Algúns destes investigadores obtiveron bolsas e axudas en convocatorias competitivas de recursos humanos autonómicas, nacionais e internacionais. Así, no CiTIUS hai actualmente investigadores predoutorais da USC, bolseiros predoutorais do Programa I2C, xestores contratados a través do Programa de Persoal Técnico de Apoio, investigadores FPI e investigadores FPU. A nivel internacional, contamos con investigadores predoutorais das diferentes modalidades da convocatoria Erasmus Mundus e do programa de bolsas da AECID para cidadáns estranxeiros.