ExpliClas é un servizo web que xera automaticamente explicacións en linguaxe natural de clasificadores baseados en árbores de decisión. As explicacións divídense en dúas partes diferenciadas: unha explicación global, que describe de forma xenérica como se comporta a árbore de decisión e unha explicación local, que describe a clasificación dunha instancia concreta. O Servizo encádrase dentro do paradigma da Intelixencia Artificial Explicable, xa que permite producir xustificacións das decisións de clasificación automática.
Autores
-
- Investigadores
- Alberto Bugarín Diz
- Bruno López Trigo
- José María Alonso Moral
-
- Programas científicos
- Tecnoloxías da Linguaxe Natural