DAWS permite facer unha predición eficiente e fiable do comportamento do sistema visual humano, prescindindo así dos caros seguidores oculares e doutros equipos especializados para a análise da atención visual humana. O usuario poderá introducir na aplicación unha URL ou imaxe e o sistema encargarase de xerar, en cuestión de segundos, un mapa de saliencia onde se verán destacadas as rexións máis sobresaíntes visualmente do elemento proporcionado.
Autores
-
- Investigadores
- Xosé Manuel Pardo López
- Xosé Ramón Fernández Vidal
- Víctor Leborán Álvarez
- Fabio Dacosta Gutiérrez