Este demostrador permite aos usuarios realizar unha visualizacion gráfica dos modelos de regresión intelixente baseados en regras TSK e do seu proceso de razoamento. Deste xeito pódese realizar a análise visual dos factores máis relevantes que interveñen nas regras. Entre outros:
- a importancia relativa das variables (pesos numéricos)
- os valores das mesmas
- as regras que forman a base de coñecemento e o seu significado
Os usuarios de TSK-View poden introducir na web os seus propios modelos baseados en regras TSK e visualizar inmediatamente a información importante dos mesmos, podendo engadir novos valores de entrada coa fin de realizar o proceso de razoamento e a posterior visualizacion dos resultados da inference e do seu significado e impacto.
Autores
-
- Investigadores
- Manuel Mucientes Molina
- Alberto Bugarín Diz
- Ismael Rodríguez Fernández
- David Chaves Fraga