Linguakit xurde da man de ProLNat e a súa Spin Off, Cilenis Language Technology, froito da investigación que desenvolven no campo do Procesamento da Linguaxe Natural (PLN).
Coa finalidade de unir lingua e tecnoloxía, este portal pon a disposición de lingüistas, profesionais da comunicación (xornalistas, editores, tradutores, publicistas...) e calquer usuario da linguaxe, unha suite de ferramentas lingüísticas e de extracción textual coas que analizar textos e documentos escritos.
Entre as ferramentas que inclúe Linguakit poderás atopar un conxugador verbal, un analizador de sentimento, un extractor de palabras en contexto, un identificador de idioma, extractores de palabras chave ou multipalabra, un etiquetador morfosintáctico, un resumidor, un analizador sintáctico, un corrector e dicionarios.Autores
-
- Investigadores
- Pablo Gamallo Otero
- Isaac José González López
- Fernando Blanco Dosil