STAC é unha plataforma Web que facilita a aplicación de tests estatísticos para a comparación de algoritmos. Dado que a elección correcta dun test depende de diversos factores, coma a distribución dos datos (tests paramétricos ou non paramétricos), a relación entre os mesmos (emparellados ou non emparellados) ou o número de algoritmos a comparar (por parellas ou múltiple), STAC dispón da axuda necesaria para decidir entre as numerosas alternativas existentes. Ademáis, inclúe un asistente automático que aconsella que test utilizar a partir dos datos proporcionados.
STAC contén os 13 tests de uso máis frecuente neste ámbito. A plataforma permite realizar a comparación de algoritmos en cualquera disciplina científica, coma a intelixencia artificial (aprendizaxe automática, data mining, …) ou outras áreas das tecnoloxías da información.
Autores
-
- Investigadores
- Manuel Mucientes Molina
- Alberto Bugarín Diz
- Ismael Rodríguez Fernández
- Adrián Canosa Mouzo