Calendula
Calendula é un asistente en Android para a xestión de medicación persoal. Está dirixido a aqueles que teñen problemas en seguir o seu réxime de medicación, olvídanse de tomar as súas pílulas ou teñen horarios difíciles de recordar.
A aplicación está dispoñible para a súa descarga en Google Play, F-Droid e Github.
![]() |
![]() |
![]() |
Visite a nosa páxina web para máis información https://citius.usc.es/calendula/
Novas de Calendula
Temos boas novas!
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) adoptou Calendula para conectarse co seu Sistema de Receita Electrónica. Isto levou a varias extensións da versión libre, incluíndo:
- Descarga automática da pauta de medicación do paciente.
- Acceso automático ao calendario de recollida de medicamentos.
- Recomendación automática das mellores datas de recollida para optimizar as visitas á farmacia.
- Acceso ao réxime de dose de anticoagulantes.
O proceso de integración centrouse en dous aspectos fundamentais: a interoperabilidade e a seguridade.
No que se refire a a interoperabilidade, a adopción do estándar internacional HL7-FHIR facilitará a integración de Calendula con outros sistemas de saúde.
En canto á seguridade, adoptouse a especificación OpenID Connect, que permite a Calendula verificar a identidade dos usuarios a partir dunha autenticación realizada polos servidores do SERGAS.
Ao longo deste proceso, traballamos en moitas melloras, incluíndo: * Aumentar o nivel de desenvolvemento da API de Android a 29. * Adaptar as notificacións e os servizos en segundo plano aos requirimentos das novas versións de Android. * Actualizar as versións de Gradle, Java e Kotlin. * Migrar as bibliotecas de Android a AndroidX * Actualizar as versións da bibliotecas: Google, Iconics, Material-Drawer, Fast Adaptador, ButterLnife, Caldroid e Android Jobs. * Melloras da interface de usuario para solucionar fallos de actualización e NPE. * Actualización de internacionalización: engade novos idiomas e actualiza os que actualmente son compatibles. * Melloras de rendemento no uso da memoria: migrar recursos gráficos tipo mapa de bits ao formato vectorial. * Notificacións e aforro de batería: engadiuse a opción de excluír a aplicación do sistema de aforro de batería para evitar que o sistema suspenda a aplicación e impida a entrega de notificacións ao usuario. * Corrección de erros menores.
Estes cambios estarán dispoñibles en breve neste repositorio e aplicaranse á versión de Google Play!
Comezando
Estas instrucións permitiranlle obter unha copia do proxecto listo para usar na súa máquina local. Se quere contribuír ó desenvolvemento da aplicación, por favor diríxase á sección Contribuír.
Preparación do contorno de desenvolvemento
Para o desenvolvemento da aplicación, empregamos Android Studio (o IDE oficial de Android), así que lle recomendamos que o empregue no seu contorno de desenvolvemento. Unha vez instalado Android Studio, pode empregar o Android SDK Manager para obter as ferramentas, plataformas e outras compoñentes que necesitará para comezar o desenvolvemento. As máis importantes son:
- Android SDK Tools e Android SDK Platform-tools (soe ser boa idea actualizar á última versión).
- Android SDK Build-Tools 27.0.3.
- Android 8.1 (API Level 27) SDK Platform.
- Android Support Repository
Tamén pode instalar outros paquetes como emuladores para executar a aplicación, se non dispón ou non quere empregar un dispositivo hardware. A mínima versión de Android soportada é 4.1, Jelly Bean (API level 16).
Compilando e instalando a aplicación
Antes de comezar necesita o código fonte, así que proceda a clonar este repositorio na súa máquina local:
git clone https://github.com/citiususc/calendula.git
cd calendula
Android Studio emprega Gradle como a compoñente principal do mecanismo de compilación, pero non é necesario instalalo por separado. En vez diso, pode empregar o xa inclúido Gradle Wrapper. Para compilar a aplicación, abra unha terminal na carpeta do repositorio e execute:
./gradlew clean assembleDevelopDebug
Nota: "developDebug" é a build variant que empregamos para desenvolvmento. Para outras variantes, por favor revise o arquivo Calendula/build.gradle
.
Despois, poderá instalar a aplicación nun dispositivo ou emulador:
adb install Calendula/build/apk/develop/debug/developDebug-[version].apk
Estas tarefas tamén se poden executar dende Android Studio con algúns clicks.
Versións da aplicación
Neste momento mantemos lanzamentos de Calendula en Google Play, F-Droid y Github.
- A última versión da app dispoñible nesas páxinas reflexa o código da rama
master
. - As ramas de lanzamento distribúense normalmente a través do Google Play BETA channel antes de facelas públicas. Se quere ser membro da comunidade de probas, únase ó grupo de probas en Google Groups e automáticamente recibirá as actualizacións da canle BETA como cualquera outra actualización de Google Play.
Unirse á canle BETA: faga click aquí!
Revise as normas de contribución para máis información acerca do modelo de ramas.
Qué pinta ten?
Intentamos seguir os principios de Material Design. Que pensa do resultado?
![]() |
![]() |
![]() |
---|---|---|
![]() |
![]() |
![]() |
Traballo futuro
Temos moitas ideas para novos desenvolvementos e tamén estamos abertos a outras novas. As seguintes novas características poderían ser útiles:
- Información de farmacias cercanas, a súa localización e horarios.
- Asistente de viaxe: cántas pílulas necesito para este fin de semana?)
- Introducir conceptos de ludificación para mellorar a adhesión ó tratamento.
Atribución do deseño
Neste momento estamos a empregar os seguintes recursos:
- People Vector Pack por Freepik
- Iconos Baby, Dog e cat por Flaticon (CC 3.0 BY)
- Animación de Espertador por Daan De Deckere
Contribuír
Pode facer un fork e enviar un pull request se quere contribuir ó proxecto. Calendula segue os termos da licenza da GNU General Public License (v3), así que ó subir contidos ó repositorio estará liberando o seu traballo segundo esta licenza.
Antes de comezar, revise as nosas normas de contribución.
Quero contribuir, pero non son desenvolvedor...
Se non é un desenvolvedor pero quere axudar, non se preocupe! Pode axudarnos a traducir a aplicación, uníndose á canle BETA, e moito máis. Todo o mundo é benvido!
Licenza
Copyright 2020 CITIUS - USC
This program is free software: you can redistribute it and/or modify it under the terms of the GNU General Public License as published by the Free Software Foundation, either version 3 of the License, or (at your option) any later version.
This program is distributed in the hope that it will be useful, but WITHOUT ANY WARRANTY; without even the implied warranty of MERCHANTABILITY or FITNESS FOR A PARTICULAR PURPOSE. See the GNU General Public License for more details.
Información
-
- Investigadores
- Paulo Félix Lamas
- Daniel Castro Pereiro
- José Alberto Domínguez Illobre
- Jose Ángel Piñeiro Souto
- Tomás Teijeiro Campo
- Álvaro Brey Vilas