Optiplan é unha ferramenta Scheduling integrada na aplicación de xestión de proxectos Libreplan, que realiza unha optimización do tempo de finalización do proxecto (makespan) con técnicas de intelixencia artificial. Optiplan ten en conta todas as restricións da planificación: dependencias entre tarefas, restricións de asignación de tarefas a recursos, calendarios de dispoñibilidade dos recursos, .... para dar lugar a unha planificación óptima nun tempo reducido. O Diagrama de Gantt desta planificación está completamente integrado e accesible en Libreplan, e pode visualizarse, editarse ou gardarse. Optiplan pode adaptarse de xeito directo para resolver calquera problema de tipo Flexible Job Shop Scheduling.
Autores
-
- Investigadores
- Alberto Bugarín Diz
- Manuel Mucientes Molina