Escarabana é unha ferramenta que permite executar algoritmos de minería de datos temporais e inspeccionar os patróns resultado atopados graficamente. Entre as súas funcionalidades cabe destacar a exploración das secuencias da colección de datos coa que se estea a traballar, a configuración dos algoritmos de minería e a xeración de información gráfica que asistirá ó longo de todo o proceso.
Trátase dunha ferramenta extensible que permite a incorporación de novos algoritmos de minería.
Autores
-
- Investigadores
- Paulo Félix Lamas
- Purificación Cariñena Amigo
- Vanesa Graíño Pazos