Este vídeo amosa como unha unidade de xestión da enerxía (en inglés, PMU), alimentada por unha célula solar de 1 mm² no propio substrato de silicio xera unha tensión de 1.1 V para alimentar unha porta externa de tipo NOR. A célula solar e a PMU aséntanse sobre tecnoloxía CMOS estándar de 0.18 μm, ocupando unha área de 1.575 mm². A PMU arrinca desde 2.38 nW sen axuda de ningún sinal externo.
A PMU contén un método de seguimento de transferencia de máxima potencia (en inglés, MPPT), que opera en lazo aberto e modo continuo, modificando tanto a topoloxía como a frecuencia do conversor DC/DC principal. O chip inclúe tamén unha bomba de carga auxiliar para xerar tensións para o circuíto de control, e impleméntase como unha bomba de carga de tipo Pelliconi de 8 etapas, con transistores NMOS como diodos de tipo P-Well.
O conversor DC/DC principal é unha bomba de carga de tipo Dickson, implementado con portas de transmisión e con ganancia e valores de capacidade variables por etapa. Finalmente, impleméntanse dous osciladores de relaxación para os dous convertidores: o principal e o auxiliar.
Autores
-
- Investigadores
- Víctor Manuel Brea Sánchez
- Paula López Martínez
- Diego Cabello Ferrer
- Esteban Ferro Santiago
-
- Programas científicos
- Dispositivos semiconductores e sensores autónomos