
'GALiWeather' é unha aplicación que xera automaticamente prognósticos meteorolóxicos a curto prazo en linguaxe natural, a partir dos datos de predición de Meteogalicia. O sistema, que foi desenvolvido conxuntamente cos meteorólogos do servizo autonómico de meteoroloxía, basea o seu funcionamento en técnicas de Intelixencia Artificial (AI) e Xeración de Linguaxe Natural (NLG). Trátase dun servizo completamente operativo na actualidade, que proporciona a predición particularizada para cada un dos 314 concellos de Galicia.
Autores
-
- Investigadores
- Senén Barro Ameneiro
- Alberto Bugarín Diz
- Félix Díaz Hermida
- Alejandro Ramos Soto